miércoles, 5 de marzo de 2014

Sorteo!!!!

O ano pasado fixen o curso "Construindo matemáticas de 3 a 6 anos" que imparte Malena, de Aprendiendo Matemáticas. Aprendín moitísimo, sobre todo o que non se debe facer para que as nenas e nenos disfruten coas matemáticas. Dende a primeira entrega enganchoume, descubrín material manipulativo doado de facer na casa e como usar correctamente outro tipo de material como os bloques lóxicos, incríbel todo o que se pode facer con eles!! Tamén me decatei de que moitas cousas que daba por certas non eran así e axudoume a relaxarme e a tomarme a aprendizaxe doutra forma, como se aprende realmente é xogando e manipulando!! Así que agora que sortea unha praza para o 2º módulo non podía deixar pasar esta oportunidade. A ver se hai sorte e me toca! Se queredes participar no sorteo pinchade aquí

martes, 13 de agosto de 2013

Preparando material

Pouco a pouco imos xuntando material para iniciar as nosas actividades en setembro (xa non queda nada). Descubrín a comunidade educativa ALAS, que nos ofrece a oportunidade de probar o seu material de balde. Nós xa temos o noso e está xenial!!

lunes, 12 de agosto de 2013

Estreando blogue

Hoxe inauguro este blogue que leva tempo bulindo pola miña cabeza. Nel intentarei expoñer as diversas actividades que levaremos a cabo como familia que educa no fogar e na nosa terra. Vémonos!!