miércoles, 5 de marzo de 2014

Sorteo!!!!

O ano pasado fixen o curso "Construindo matemáticas de 3 a 6 anos" que imparte Malena, de Aprendiendo Matemáticas. Aprendín moitísimo, sobre todo o que non se debe facer para que as nenas e nenos disfruten coas matemáticas. Dende a primeira entrega enganchoume, descubrín material manipulativo doado de facer na casa e como usar correctamente outro tipo de material como os bloques lóxicos, incríbel todo o que se pode facer con eles!! Tamén me decatei de que moitas cousas que daba por certas non eran así e axudoume a relaxarme e a tomarme a aprendizaxe doutra forma, como se aprende realmente é xogando e manipulando!! Así que agora que sortea unha praza para o 2º módulo non podía deixar pasar esta oportunidade. A ver se hai sorte e me toca! Se queredes participar no sorteo pinchade aquí